Friday 03 de May de 2024

A veciñanza de Muiño (Roo) dispón dun novo punto de recollida do lixo


Os veciños e veciñas da localidade de Muíño, na parroquia de Roo, dispoñen dende esta semana dun novo punto de contedores para a recollida do lixo, xestionado polo Concello de Noia. A concelleira de Medio Ambiente, Ángeles Neri Arufe, explica que “trátase dunha vella demanda que nos trasladaron os veciños e veciñas de Muíños e que xestionamos dende o Concello para poder darlles unha solución satisfactoria”. Deste xeito, os veciños e veciñas de Muíño disporán dun novo punto de recollida con dous contedores para a recollida selectiva de material orgánico e de material inerte (plásticos, latas, bricks..).